MIEL MULTIFLORAL IXP MEL DE GALICIA

  • Expositor: ERICA MEL
  • Marca: ERICA MEL , MARCAS PROPIAS
  • Categoría: MIEL
Mestura de meles con variada orixe floral: castiñeiro, silva, queiroga e outras flores de monte.Mel doce con notas salgadas, amargas ou acedas, dependendo das floracións máis abundantes na contorna das abellas.Representa a nosa tradición en meles.Mellora moito o valor dietético da nosa alimentación ao substituírmos o azucre por este mel en todos os casos.

A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1990 pola iniciativa dun pequeno grupo de apicultores integrados na Asociación Galega de Apicultura-AGA que, convencidos da extraordinaria calidade dos seus produtos apícolas, buscaron xuntos a mellor vía para facelos chegar ao consumidor. Nestes comezos a aportación dos coñecementos e o esforzo persoal dos socios foi determinante. A capacidade ilusionante daquel proxecto, o traballo e a constancia desembocan hoxe nunha cooperativa integrada por mais de 250 socios que da emprego a tres persoas e vende os seus produtos en nun ámbito autonómico e mundial.

 O nome da cooperativa é un recoñecemento á erica (queiroga), a planta melífera galega por excelencia. Está moi extendida polos nosos montes e, dende tempos inmemoriais é a fonte máis xenerosa dos noso meles escuros, que tanta sona alcanzan alén da nosa comunidade. A súas cores características, que van dende o branco da variedade arbórea ate o fermoso violeta da cinérea, enchen de viveza as zonas silvestres donde florecen.