MIEL MULTIFLORAL IXP MEL DE GALICIA

  • Expositor: ERICA MEL
  • Marca: ERICA MEL , MARCAS PROPIAS
  • Categoría: MIEL
Cor ámbar escura, aroma a madeira seca, mel doce con notas salgadas.Pole de castiñeiro > 70 %Gran desinfectante e cicatrizante, favorece a circulación sanguínea, moi apropiado en estado de cansazo. Combina moi ben con lácteos, queixo, requeixo, iogur, xeados, pan.

A Cooperativa Erica Mel naceu no ano 1990 pola iniciativa dun pequeno grupo de apicultores integrados na Asociación Galega de Apicultura-AGA que, convencidos da extraordinaria calidade dos seus produtos apícolas, buscaron xuntos a mellor vía para facelos chegar ao consumidor. Nestes comezos a aportación dos coñecementos e o esforzo persoal dos socios foi determinante. A capacidade ilusionante daquel proxecto, o traballo e a constancia desembocan hoxe nunha cooperativa integrada por mais de 250 socios que da emprego a tres persoas e vende os seus produtos en nun ámbito autonómico e mundial.

 O nome da cooperativa é un recoñecemento á erica (queiroga), a planta melífera galega por excelencia. Está moi extendida polos nosos montes e, dende tempos inmemoriais é a fonte máis xenerosa dos noso meles escuros, que tanta sona alcanzan alén da nosa comunidade. A súas cores características, que van dende o branco da variedade arbórea ate o fermoso violeta da cinérea, enchen de viveza as zonas silvestres donde florecen.

De todas as socias e socios, máis dun cento de apicultoras e apicultores comercializan cada ano sobre uns 100.000 quilogramos de mel, que vai ao mercado envasado como mel multifloral e monofloral para todo o mundo.Erica Mel tamén elabora e comercializa unha liña de produtos I+D: mel crema e derivados, con boa demanda por aquelas persoas consumidores que confían nas propiedades terapéuticas dos produtos das abellas.

 

  • Dirección: Feira nova s/n. Santa María
  • Localidad: Arzúa
  • CP: 15819
  • Provincia: Coruña, A
  • Comunidad Autónoma: GALICIA
  • País: España
  • Web: http://www.ericamel.gal
  • Pabellón: 6
  • Stand: 6G10
  • Categoría: ALIMENTACIÓN