huerta de producción propia

Postoiro S.C.G. é unha cooperativa adicada á produción e comercialización de produtos hortícolas, situada no concello de Vilar de Santos no sur da provincia de Ourense. Os valores que rexen o traballo da nosa entidade destaca a aposta clara e decidida pola agricultura como medio de vida, sempre loitando e defendendo a nosa terra. Un dos principais obxectivos da cooperativa é ofrecer novas propostas comerciais que faciliten o acceso dos seus produtos a novos mercados e, ademais imprimíndolles características propias que o consumidor final aprecie e valore.Dentro d anosa cooperativa temos as seguintes marcas:- A cebola de Vilar. Onde temos o noso produto estrela a cebola da variedade Vilar, que comercializamos en caixas de cartón e mallas de kg- A pataca de Vilar. Onde está a nosa pataca das variedades Kennebeck e Agria, que son comercializadas en caixas de cartón.- O repolo de Vilar. Onde podemos atopar tres tipos de repolo (liso, rizo e corazón), este é comercializado en caixas de cartón.- A cabaza de Vilar. Onde temos a cabaza cacahuete que é comercializada en caxas de cartón.- A cabaza de Samaín. Onde o noso produto serve para as decoracións pras máis cativas da casa.E agora temos unha nova liña denominada "Postoirada", onde teñen cabida tódolos nosos produtos elaborados:- Marmelada de cabaza con cítricos.- Cebola caramelizada.